Hoxe veño a falarvos dunha das celebracións máis importantes da Comunidade Valenciana: As fallas!
As fallas ou en valenciano "falles" son unhas festas que se celebran dende o 15 de Marzo ata o 19 dese mesmo mes, aínda que oficialmente comezan o último domingo de Febreiro co acto da "Cridà" que é como un pregón no que a Fallera maior da cidade realiza unha chamada á iniciación deste festexo. Neste acto o alcalde/a entregalle as chaves da cidade á fallera co que se darán por inaguradas as fallas.
O 1 de Marzo producirase o primeiro espectáculo sonoro, "La Mascletá". Aínda que non vos esperedes uns simples fogos artificiais, é máis que iso! Realizaranse cada día ás dúas da tarde na Praza do Concello.
Hay máis de 300 fallas áinda que non podemos concretar unha cifra exacta, porque tamén hai fallas infantís. As fallas divíndense por categorías e existen ó redor de 7 u 8. Cada falla conta cunha falla máis pequeniña para os nenos.
Moitas persoas non chegan a entender porque se queiman esas "obras de arte", pero según a tradición queimalas serve para representar a renovación, a queima do malo para dar paso a algo mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario