O día internacional da felicidade celébrase cada ano o 20 de Marzo. Trátase dun día no que se pretende recordar a búsqueda da felicidade como un obxetivo humano fundamental.
Facendo referencia a súa orixe cabe destacar que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou a celebración do Día Internacional da Felicidade o 20 de Marzo para invitar ós países do mundo a celebrar adecuadamente este día mediante a realización de diversas actividades educativas para fomentar a felicidade entre as persoas.
Unha das técnicas gracias á cal mellora o estado físico e psicolóxico a través da risa é a risoterapia. Ésta produce beneficios mentais e emocionais por medio da risa. É moi importante rirse dun mesmo para aumentar as capacidades do ser humano e da vida.
No día internacional da felicidade soen realizarse numerosos talleres de risoterapia nos que os asistentes poderán disfrutar dunha actividade na que se poderán olvidar dos seus problemas e disfrutar dunha xornada de risas que lles axudará a ser máis optimistas e a desdramatizar as situacións da vida.
O máis aconsellable é rirse mínimo durante tres veces o dia para conseguir unha boa calidade de vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario